A IXP participou na II Festa da Vendima do Saviñao, que se celebrou na Devesa de Escairón. Coma xa acontecera o ano pasado, os visitantes puideron asistir a unha demostración culinaria con degustación de Ternera Gallega Suprema.
O chef Santi Almuíña, do restaurante Colón (Lugo), amosou a moleza e a versatilidade da carne amparada nun percorrido gastronómico a través de diferentes pezas e preparacións. Empregou a croca para elaborar un tataki; mentres que, para a prancha, escolleu cortes coma o vacío, a bavette ou a tapa da pa. Rematou cun xarrete guisado con Fabas de Lourenzá e tamén empregou outros produtos autonómicos con selo de calidade, coma Pataca de Galicia e Pementos de Herbón. Alimentos que maridaron con viño branco e tinto da DO Ribeira Sacra, presentados pola técnica do Consello Regulador, Marta Villén.