O polbo triunfa en Estados Unidos


O restaurante Casa D´Paco, no 73 Warwick Street de Newark (condado de Essex; New Jersey), acolleu un show de cocina especializado en pulpo da man dos chef Paco Gómez e Anxo Trives, destacados membros da asociación Amigos da Cociña Galega, que estes días participan nun encontro gastronómico a celebrar en diferentes puntos dos Estados Unidos para promocionar a gastronomía galega. Unha iniciativa que conta co apoio da Deputación de Ourense.