O Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Ourense, acumula 40.000 visitas dende xaneiro

 

A Deputación de Ourense organizou onte no mosteiro de San Pedro de Rocas un acto conmemorativo para celebrar o centenario da declaración do cenobio como monumento arquitectónico-artístico, tal e como recollía en 1923 a Gaceta de Madrid, precursora do Boletín Oficial do Estado. Unha efeméride, dixo o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que permite destacar a relevancia dun conxunto histórico que "trascende o ámbito da provincia de Ourense e demostra ser o maior enclave de atracción da Ribeira Sacra", cun novo récord de visitantes: case 40.000 desde principios de ano.

Luis Menor estivo acompañado en San Pedro de Rocas pola directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María del Carmen Martínez Insua; o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso; alcaldes da Ribeira Sacra ourensá e lucense; así como outros representantes do Bispado de Ourense, do mundo da cultura e da universidade e mailo expresidente da Deputación e senador, Manuel Baltar.

Luis Menor afirmou na súa intervención que unha data como esta "non debe quedarse nunha mirada ao pasado", subliñando o progresivo aumento de visitas que rexistra o mosteiro. A mes de agosto Rocas recibiu a 12.000 persoas, casi un 4 % máis que no mesmo período de 2022.