Maridaxe de música e sabores na terceira edición do festival “Espírito Ribeiro”


O recinto Expourense acolleu o domingo a última xornada da terceira edición do festival "Espírito Ribeiro", que clausurou este evento de maridaxe perfecta entre música e sabores.

O festival, que tivo que aprazarse por mor las condicións meteorolóxicas hai dúas semanas, estaba previsto que se celebrase en tres localidades do Ribeiro: Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle para gozar dunha celebración que ofrece música, sabores e mercado con produtos de proximidade nunha fermosa contorna paisaxística. Por precaución no tocante ás previsións de choiva, o festival foi emprazado finalmente en Expourense.

Un ano máis, "Espírito Ribeiro", froito da colaboración público e privada, contribuiu a dinamizar a actividade económica da comarca tendo como fío condutor dos diferentes territorios ao viño do Ribeiro, a Denominación Vitivinícola máis antiga de Galicia.