Máis de mil persoas coñeceron Ferrol a través das visitas guiadas este verán



A concelleira de Turismo, Maica García, destacou o elevado número de visitantes que decidiron coñecer Ferrol a través das visitas guiadas. “As visitas ao Arsenal e a Navantia son as que tiveron un maior número de participantes, coñecendo por primeira vez en moitos casos estas instalacións, que ao ser lugares de acceso restrinxido son as máis solicitadas”. Máis de 500 persoas optaron por estas dúas rutas.

Ademais, ofertáronse as visitas guiadas ao castelo de San Felipe (224 persoas), a ruta Ferrol Secreto (216), a Ruta Modernista (49) e a visita ao cuartel de Dolores (25).

En canto ao perfil dos visitantes, a maioría proceden do ámbito nacional e son familias e parellas novas.

E os que nos visitan doutros países veñen, sobre todo, de Inglaterra, Bélxica, Francia, Italia e Polonia.

As estatísticas tamén son positivas cando falamos das visitas “Do mar ao prato”, con máis de 160 turistas que coñeceron o Ferrol gastronómico.