Hai Feira Franca en Pontevedra!


Pontevedra regresa dende hoxe á tardiña e ata o domingo de madrugada ao medievo coa celebración da Feira Franca, que este ano está adicada aos números. A volta á Idade Media é unha das citas festivas ineludibles da Boa Vila, que cada ano nestas datas congrega no seu casco histórico e nas súas proximidades a milleiros de persoas ataviada con traxes de época e que gozan dunha xornada especial, na que participa xente de todas as edades e de todas as comarcas de Galicia.

Actividades para todos os públicos, xantares nas rúas, mercados e degustación de produtos típicos centran a programación da Feira Franca que, como todos os anos, inclúe un torneo na praza de touros que fai as delicias da rapazada. A festa comeza hoxe, co transporte do viño en carros e lombos de animais polo camiño velo de Castela.

Hai Feira Franca en Pontevedra. Apúntaste?