Fin de etapa con sabor galego na Volta Ciclista a España



A IXP Pataca de Galicia, da man de E Para Comer Lugo e xunto a outras Asociacións e Indicacións Xeográficas Protexidas impulsa a calidade da nosa materia prima e da nosa gastronomía na Volta Ciclista a España.

Baixo o lema "Lo mejor de la provincia de Lugo, en cada etapa", as patacas están presentes no stand na saída de cada xornada ciclista en recetas elaboradas de forma moi coidadosa por parte de chefs de elevado recoñecemento.