A Xunta autoriza o convenio para executar o plan de sustentabilidade "Os Fogóns de Anllóns"

 




  1. O Consello da Xunta autorizou hoxe a subscrición do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia 
    e a Deputación da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística Os Fogóns do Anllóns, dos concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Ponteceso e Cabana de Bergantiños, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU.

    Dotado con 1,5 millóns de euros de orzamento, o PSTD foi incluído no Plan territorial de enogastronomía de Galicia aprobado o ano pasado; é un dos dous proxectos que foron engadidos ao Plan territorial da Xunta ao abeiro do Plan nacional de turismo, incrementando os orzamentos destinados a Galicia para estes proxectos ata os 34,5M€ que se executarán ata 2025.