A veciñanza do Grove beneficiarase de bonos para trocar na hostalaría


Na 3ª edición de Mercanogrove, o concello volverá a aportar 20.000€ para a emisión dunha partida de 2.000 paquetes de bonos por valor de 30€, repartidos en dous billetes por valor de 10 euros e outros dous por valor de 5 euros. Deste xeito, asegúrase un investimento de 60.000 que recaerán directamente nos negocios, establecementos comerciais e locais de hostalería de O Grove. 

O custo de adquisición para os cidadáns será de 20€, asumindo o concello unha cantidade equivalente a 10 euros por bono, que se poderán adquirir a través da web www.mercanogrove.com e coa que se recibirán os códigos para trocar no comercio local.

Tras a boa acollida da última campaña, repetirase nos mesmos termos, coa novidade de que esta edición integra tamén a locais de hostelería e restauración. Igualmente, levaráse a cabo coa colaboración de Emgrobes, que dende a asociación lle darán cobertura e a asistencia técnica ás empresas adheridas a iniciativa.

A campaña terá lugar dende o 19 de setembro ó 19 de decembro. Abríndose o plaxo de inscripción por parte dos locais comerciais e hostaleiros, dende a publicación das bases, ata o 15 de setembro.