A IXP Pataca de Galicia extrae un balance moi positivo da IV Edición de Alimagro, en Xinzo de Limia.
Ao longo dos 3 días, o stand de Pataca de Galicia recibiu numerosas visitas, no que se presentou a calidade do produto, a pataca de Galicia producida baixo o indicativo xeográfico.
Na primeira xornada, tivo lugar a Xornada Técnica da Pataca, na que se encadrou a mesa redonda “Novos retos para o sector da pataca”, na que participou o noso presidente.
Esa mesma mañá, no Pavillón Polideportivo de Xinzo, o chef Víctor Burgos preparou diversas elaboracións con produtos galegos, mariñados con viños das DO Ribeiro e DO Monterrei, grazas ao patrocinio de Consello Regulador Pan de Cea.