A Deputación de Ourense, presente na Xornada Mundial de Turismo da Igrexa

A igrexa de Santa María de Monterrei acolleu unha misa solemne, presidida polo bispo da Diócese de Ourense, José Leonardo Lemos Montanet, con motivo da Xornada Mundial do Turismo. En representación de Deputación de Ourense asistiu o deputado delegado de Medio Ambiente, José María Lago, acompañado polos alcaldes de Monterrei e Cualedro, José Luis Suárez e Luciano Rivero, respectivamente; así como polo xefe territorial de Turismo en Ourense, Cecilio Santalices.