A Coruña constata os beneficios económicas da ampliación dos horarios da hostalaría e ocio nocturno



A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse onte co sector turístico da cidade para analizar as cifras da época estival logo da programación cultural e as medidas impulsadas polo Goberno municipal para o beneficio do sector. O Concello estima en 60 millóns de euros o retorno económico para a cidade só durante o mes de agosto e en retorno dos eventos do verán uns 30 millóns de euros para a cidade. "Só en eventos como o Morriña Fest, con 20.000 persoas por día; e a Tall Ships Races, visitada por 101.054 persoas durante os tres días estímanse uns 8 millóns de euros de retorno económico por cada un o que supón un gran activo para a nosa cidade" explicou a alcaldesa.

Alcaldesa e sector sinalaron que a ampliación de dúas horas de hostalaría e ocio nocturno supuxo tamén un importante activo do retorno económico das festas. "É unha medida que permite non só que os hostaleiros poidan abrir máis tempo o seu local, tamén que as persoas que asisten aos diferentes eventos teñan un maior servizo antes e despois do mesmo" expuxo. Rey fixo fincapé na importancia que tivo a medida tamén para os barrios que contaron de dúas horas máis de actividade durante as celebracións das súas festas. 

En canto á ocupación hoteleira, o sector cifra no 86% a ocupación media durante os tres meses de verán. Sinalan que agosto foi o mes con mellor cifra, cunha ocupación do 91% de media e que durante a semana da Tall Ships Races e a celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia superou o 95%. "Unhas cifras moi gratificantes que confirman superan as previsións iniciais e que demostran que A Coruña é un dos destinos preferidos de verán" sinalou Rey.