Viveiro está a acoller a 3ª festa da cerveza artesá


O Concello de Viveiro está a celebrar -ata o 6 de agosto- a 3ª Feira da Cervexa Artesá de Viveiro nos Xardíns de Noriega Varela. A cita inclúe obradoiros, concertos, xogos populares, así como catas e foodtrucks.

“Este evento diversifica a oferta cultural e gastronómica da nosa vila, especialmente na tempada de verán, engadindo un novo atractivo turístico para as persoas que nos visitan”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

Na cita, poderán probarse ata 60 tipos de cervexas artesás, ademais da cervexa local “Xistral”, que colabora na organización do evento.