Vigo acada unha ocupación hoteleira do 92% a fin de semana


 A ocupación hoteleira de Vigo acadou o 92% a fin de semana. “Prácticamente cheo”, en verbas do alcalde, que cualificou Vigo como “unha potencia turística e gran referente turístico en España”. O alcalde dixo nas súas declaracións que “basta con pasear polas rúas e escoitar os acentos para darse conta que Vigo está cheo de turistas”. Para Caballero isto é “o tirón do Nadal coa súa promoción, as Illas Cíes, a gastronomía... o que facemos por e para a cidade”, concluíu.