Velgasa-Eroski impulsa a sostenibiliade dos seus proveedores en Galicia


Vegalsa-Eroski pon en marcha un programa ao servizo da súa rede de provedores locais de Galicia que ten como obxectivo acompañalos na mellora das prácticas medioambientais, sociais e de goberno corporativo que aplican nas súas empresas, seguindo criterios ESG. Estas siglas -que responden en inglés ás palabras EnvironmentalSocial e Governance- fan referencia aos factores que converten a unha compañía en sostible a través do seu compromiso social, ambiental e de bo goberno.

“En Vegalsa-Eroski damos un paso adiante no apoio a nosa rede de máis de 1.000 provedores locais a través dun programa pioneiro coma este, no que os convidamos a traballar xuntos en materia de sostibilidade social e medioambiental, unha inquietude compartida tamén co consumidor actual. As compañías de distribución somos unha peza clave na tracción do sector agroalimentario. Conscientes deste compromiso, en Vegalsa-Eroski reforzamos o noso apoio mediante o impulso das producións locais en materia de sostibilidade, un dos nosos eixos estratéxicos”, explica o director de Compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa.