Un total de 14 establecementos, institucións e empresas reciben os selos de calidade turística SICTED para o Destino A Coruña


Un total de 14 establecementos, institucións e empresas turísticas recibiron hoxe os primeiros selos de calidade turística SICTED para o Destino A Coruña. A cidade comeza así a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), que depende da Secretaría de Estado para o Turismo, un proceso ao que poden unirse máis establecementos e empresas que poden optar ao selo tras pasar unha formación específica e cumprir cuns requisitos de calidade turística.

As firmas coruñesas que contan cos primeiros selos son: Rubine e Hijos Consignatarios, A Coruña Convention Bureau, Hotel Riazor, Global Azaga Congresos, Restaurante Eclectic, MEGA Mundo Estrella Galicia, Restaurante Pencil&Fork, EXPOCoruña, Torre de Hércules, CIAV-Oficina Turismo, Viajes Embajador, Turismo de A Coruña, PALEXCO e Hotel Attica 21.