Salvaterra do Miño, capital da pontevedresa comarca do Condado, pon broche final ás grandes citas báquicas estivais nas Rías Baixas. A úlima fin de semana de agosto (días 25, 26 e 27) acolle a Festa do Viño do Condado, unha cita que acada a súa XLIV edición, e que terá como pregoeiro ao presentador e humorista Roberto Vilar.
O acto central da exaltación do viño desta subzona da D.O. Rías Baixas será un ano máis s denominada cata a procura dos Viños Deliciosos e o nomeamento dos novos membros da Confraría dos Viños do Condado.
Ademais desta cita báquica, unha das máis antigas de Galicia e decla rada Festa de Interese Turístico, Salvaterra, que conta cun dos mellores museos interactivos adicados ao viño, tamén acolle no inverno a Festa do Viño Espumos Rías Baixas.