Todo listo en Arnoia para a XLIV Festa do Pemento

 

Os días 4, 5 e 6 de agosto o concello de Arnoia converterase en todo un punto de referencia gastronómico na provincia coa celebración da XLIV Festa do Pemento, na que se prepararán 3.000 quilos deste produto, amparado baixo unha Indicación Xeográfica Protexida, para a súa degustación nas máis diversas preparacións.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, presentaron no Pazo Provincial os detalles dunha festa en cuxa programación no faltará a animación musical a cargo de charangas e orquestras, actividades para a cativada, a sétima edición do Festival de Pandereteiras ou a concentración de vehículos clásicos con preto dun cento de participantes.