Sanxenxo celebra a súa historia con motivo das festas patronais


O Pazo de Emilia Pardo Bazán acollerá os próximos 28, 29 e 30 de agosto as XIV Xornadas de Sanxenxo na Historia. Unha actividade que un ano máis enmárcase dentro da programación das festas patronais de Sanxenxo. A concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, xunto ao presidente da Asociación de Estudos Locais (Aelos), Marcelino Agís; a secretaria, Ángeles Marcos e o tesoureiro, Isidoro Sabell, presentaron esta mañá a cita nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo. Torres destacou a importante labor de divulgación que realiza a asociación Aelos a través destas xornadas que xa contan cun lugar destacado dentro da programación e que "nos axuda a profundar no coñecemento de personaxes, aspectos do noso patrimonio e da nosa historia".

As xornadas desenvolveranse en tres días. A primeira mesa redonda, o día 29, abordará a construción do templo novo de Sanxenxo baixo o titulo "Patrimonio histórico-artístico: O templo novo de Sanxenxo" con Jose Manuel García Igrexas e Isidoro Sabell como relatores e o posterior coloquio.
A segunda, o día 30 realizarase a presentación do libro "Sanxenxo na historia. Volume VII" do que se imprimirán 500 exemplares nos que se recollerá o contido das mesas das Xornadas de Sanxenxo na Historia de 2021 e 2022. A continuación, celebrarase unha mesa baixo o título, "Escolas e Mestres emblemáticos do Concello de Sanxenxo: Dorrón", con Ana Cancela e Carmen Outón como relatoras.