Primeira reunión do Comité do Nadal vigués para “planificar e coordinar o conxunto das accións”


Abel Caballero reuniu onte pola mañça por primeira vez o recén creado Comité de coordinación do Nadal, no que, como relatou, “trataranse temas como o tráfico, a seguridade, o fluxo de visitantes; a mobilidade; as localizacións das atraccións e a atención ao sector hoteleiro”. No día de hoxe realizouse unha toma de contacto con todos estes temas, nos que se afondará nos seguintes encontros.

Para o rexedor o Nadal en Vigo xa ten “vai ir a máis”, polo que “buscaremos estendela na cidade, con máis emprazamentos, xerando aproveitamento dos beneficios directos do Nadal e a súa vez, que non existan grandes concentracións de cidadáns”. Nese sentido para Caballero é importante “minimizar os efectos colaterais”, exemplificando a baixada de volume do fío musical que xa se realizou nos últimos anos. A maiores sinalou que “non debe suceder que o aparcamento dunha comunidade de veciños permaneza pechada durante 3 ou 4 horas”, buscando “permitir a utilización practicamente normal do tráfico e de todos os garaxes da cidade”, sendo un tema que “trazaremos moi a fondo”.