Preto de 4.800 visitantes pasaron polas oficinas de turismo de Ferrol o pasado mes de xullo


Ferrol énchese de turistas durante o verán. As casetas de información turística, ubicadas na praza de España e no peirao, detallan o perfil do visitante que elixe a nosa cidade para as súas vacacións ou para unha excursión dun día. A oficina de Curuxeiras é a que ten un maior número de solicitudes de información, por ela pasaron 2.085 turistas fronte aos 462 que acudiron á oficina ubicada na praza de España, segundo revelou a concelleira de Turismo, Maica García.

O principal visitante que acode a esta oficina é peregrino, “sete de cada 10 persoas veñen co propósito de facer o Camiño Inglés a Santiago de Compostela, sumando así un total de 2.046 peregrinos atendidos durante o pasado mes de xullo”, afirmou e engadiu que se “reflicte un incremento de peregrinos españois que escollen este camiño como opción ás súas vacacións, mentres que os extranxeiros visítannos máis o resto do ano”.

Outro dato destacado é que se percibe unha lixeira desestacionalización na chegada de peregrinos que escolle facer o camiño fóra da temporada alta, coa intención de escapar da masificación.

O número de credenciais outorgadas en total, en ámbalas dúas oficinas, durante o que vai de ano é de 5.120.