Pontevedra lanza o ‘Plan Mercado’ co obxectivo de dinamizar e actualizar o espazo do Mercado


A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, ofreceu unha rolda de prensa este xoves, 3 de agosto, no primeiro andar do Mercado. Desde este espazo de comercio e encontro social, a edil revelou as intencións do Goberno Local con respecto á promoción económica da cidade.

«Hai unha cuestión básica no referido ao Mercado: estamos nun equipamento público, un equipamento no que se investiron centos de miles de euros en poñelo a andar e poñelo a funcionar. É a nosa obriga traballar en actualizar e dinamizar este espazo», indicou. «Por que escollemos no seu día traballar sobre o Mercado? Porque era un equipamento público central, situado nunha zona da cidade que precisaba dinamización».