Pontevedra aproveita o tirón da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon para promover a hostalaría



A concelleira de Deportes e Promoción económica de Pontevedra, Anabel Gulías, compareceu esta mañá en rolda de prensa para anunciar a creación dun sitio web co fin de promocionar e visibilizar á hostalería local durante a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. 

Concello e hostaleiros coincidiron ao longo das últimas reunións mantidas entre ambas as dúas partes na necesidade de crear unha plataforma que puidese visibilizar as propostas gastronómicas da Boa Vila durante os días que dure a competición. 

«Poñemos en marcha un formulario de inscrición para que todos os establecementos que estean interesados poidan inscribirse», indicou a edil. «É un formulario sinxelo que recolle información do local coma o nome, o logo, a situación na cidade, a carta, o tipo de cociña, os horarios e mesmo as linguas nas que poden atender aos comensais ou até a posibilidade de ofrecer menús veganos, sen gluten, etcétera».