Poio invita os peregrinos e visitantes a unha nova edición da Festa do Mar




O municipio de Poio, situado na ría de Pontevedra, xusto a carón da capital da provincia, conta con suficientes recursos turísticos como para merecer unha visita dos peregrinos do Camiño Portugués a Santiago. O Conxunto Histórico de Combarro, o monasterio e o parque adicado na Seca ao premio Nóbel Pérez Esquivel merecen un alto no camiño, tal e como recolle o último número da nosa revista HG&T.

Precisamente en Combarro celebrarase os días 25, 26 e 27 de agosto a Festa do Mar, o evento máis multitudinario e importante do calendario festivo de Poio. Trátase dunha cita principalmente gastronómica que xira en torno a unha gran carpa que se ubica nesta parroquia e a que acuden milleiros de persoas para degustar marisco de calidade. A festa se completa con outras actividades, como os concertos da Praza da Chousa. Anímaste?