As obras de reforma da Praza de Abastos, "moi necesarias e solicitadas dende hai tempo" actuarán fundamentalmente sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central. Contan cun orzamento base de licitación de 518.710,53 € (base impoñible de 428.689,39 € máis IVE do 21% de 90.024,14 €) e adxudicaranse seguindo o procedemento aberto simplificado, de acordo co artigo 159 da LCSP.
O Mercado de Abastos localízase nun inmoble de titularidade municipal, sobre o que se realizaron obras de remodelación contratadas pola Administración xeral do Estado (a través da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo) á empresa TRAGSA, e que se executaron en 2014. Desde que remataron as estas obras, o edificio vén arrastrando unha serie de deficiencias recollidas no "Informe sobre o estado da Praza de Abastos de Santiago de Compostela" que, ademais de analizar as causas que as provocan, determina o protocolo a seguir para corrixilas.