Ferrol rinde homenaxe os produtos das rías con TapAtí


Todo preparado xa para unha nova edición da cita gastronómica “TapAtí”, organizada pola Asociación Ultramar Village e que conta coa colaboración do Concello de Ferrol, a través dunha subvención de actividades de dinamización e promoción económica para o ano 2023.

Así, dende o vernes 25 pola noite ata o sábado celebrarase este evento, que ademais coincide coas Festas de Verán.

Como en edicións anteriores, o público poderá degustar tapas co mexillón como ingrediente principal. Este ano como novidade ábrese á utilización doutros produtos propios das nosas rías ou do mar, en xeral.

Catro son os establecementos que participan: Cervecería "La Martina", coa tapa "Pataca con 'mojo' e mexillón en escabeche de lima", Mesón A Canfurnada con "Dips de mexillóns", Penda's 130 con "Gazpacho de mexillón" e Restaurante Alfonso coa tapa "Se é verán é Bonito".

O prezo de cada tapa é de 3 euros.