Éxito da Feira do Bonito e Produart de Burela


O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, e a Alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, xunto ao xerente de Expomar, José Manuel González Brais, participaron este domingo na Nave de Redes do Porto da localidade na clausura da XXI Feira dos Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart e da XXXVII Feira do Bonito, recoñecida de Interese Turístico Nacional. Unha dobre cita coa que colabora a Deputación de Lugo e que converteu un ano máis a este municipio da Mariña na capital do bonito, o arte, a artesanía e a gastronomía.

Concretamente, a institución provincial apoia a Feira do Bonito cunha axuda económica de preto de 6.000€, con difusión e cunha demostración culinaria; e instalou un expositor informativo sobre os recursos patrimoniais, naturais e paisaxísticos da provincia na Feira Produart, á que achegou tamén máis de 3.000€ para a súa organización.