Esta fin de semana chega á Merca a XII festa de exaltación do porco ó espeto



O Concello da Merca renderá homenaxe ás súas raíces coa celebración da XII edición da Festa de Exaltación do Porco ó Espeto que ten un profundo arraigo popular porque enxalza os seus oficios tradicionais de marrelleiros e tratantes que durante moitos anos foron os traballos por excelencia deste pobo que a día de hoxe aínda conserva un censo importante de gandeiros. O evento gastronómico organizado pola Asociación "A peneda da lebre", coa colaboración da Deputación de Ourense, Inorde e do Concello da Merca, terá lugar o vindeiro sábado, 2 de setembro, nun enclave patrimonial de referencia na nosa provincia como é o conxunto de canastros deste municipio.

A festa foi presentada na sala de prensa do Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; o presidente da asociación "A peneda da lebre", Manuel Carrera Grande; e o concelleiro de Cultura e Deportes do Concello de A Merca, José Benito Sampedro Feijóo.