"En ruta coa Depo" atrae de nuevo a cientos de personas



A Deputación de Pontevedra organiza esta fin de semana 16 saídas no marco do programa provincial "En ruta coa Depo", unha iniciativa que lles ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial. Entidades dos concellos de Arbo, Vigo, Cerdedo-Cotobade, Mos, Crecente, Salvaterra de Miño, O Rosal, Soutomaior, Pontevedra e Salceda de Caselas mobilizarán un total de 857 persoas (ata 54 cada unha) para coñecer emblemas da provincia, coma o mosteiro de Poio, a illa de Tambo, Combarro, as illas Cíes, o barrio mariñeiro do Berbés e os pendellos de Agolada e Vila de Cruces, ademais de poder coñecer a ría de Arousa en barco ou practicar caiac nas praias do Morrazo.

A través de "En ruta coa Depo", a Deputación de Pontevedra fomenta a participación, a convivencia e a cohesión social dos colectivos sociais da provincia a través de 33 rutas temáticas nas que, en total, este ano participarán preto de 20.300 persoas e case 400 asociacións da provincia. Todas as prazas do programa, que conta cun orzamento próximo aos 480.000 euros, están subvencionadas pola institución provincial.