O rexedor de Vigo, Abel Caballero, acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do Marisquiño, achegouse esta mañá ata a zona de Samil, onde este ano se instalarán cinco probas do festival. O alcalde puido falar cos primeiros deportistas que xa están na cidade para participar no evento que se desenvolve os días 11, 12 e 13 de agosto. "Moitos son deportes olímpicos e veñen a facer as súas marcas para participar nas Olimpiadas. Este evento supera as 100.000 personas. A afluencia é masiva na cidade. É o evento máis importante que se fai en Europa", declarou.