A Ruta do Viño do Ribeiro vén de nomear a súa nova xunta directiva nas eleccións celebradas durante a asemblea xeral .A única candidatura presentada para formar parte da xunta directiva está encabezada por Juan Manuel Casares Gándara como presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro e que tamén o será da asociación Ruta do Viño do Ribeiro nos vindeiros anos.
A vicepresidencia recaerá no Concello de Boborás, a secretaría estará representada polo Concello de Ribadavia e a tesourería polo Concello de Leiro. Entre o resto de vogais conformadores da xunta directiva atópanse catro entes públicos máis e outros cinco privados, estes últimos representantes dos aloxamentos, adegas, colleiteiros, restaurantes e o sector do lecer.