Ferrol, proposto para beneficiarse dunha axuda para a transformación dixital e modernización do Camiño Inglés



Na comisión de Patrimonio Histórico de Ferrol analizouse a evolución dos traballos arqueolóxicos que se están a facer no castro de Esmelle. Tamén se deu conta da resolución da Secretaría de Estado de Turismo do pasado 6 de xullo que propón ao Concello de Ferrol como beneficiario da axuda en forma de subvención a fondo perdido por un importe de 265.500 euros para a transformación dixital e modernización do Camiño Inglés, dun total de 908.900 euros concedidos.

Para executar a axuda de concellos do Camiño Inglés é obrigatorio formar parte da rede de destinos turísticos intelixentes. A concelleira de Turismo revelou que “os municipios de Ferrol, Neda, Cabañas, Pontedeume, Miño e Betanzos estamos traballando na axuda concedida para converter esta ruta nun camiño familiar, intelixente e inclusivo”.

Coa subvención, que sufraga o 100% das actuacións previstas, poderanse instalar paneis informativos intelixentes e accesibles, crear zonas de acceso Wifi e recarga, dotar de ferramentas dixitais para a difusión da oferta turística das localidades (oficina de turismo intelixentes), establecer unha sinaléctica intelixente e accesible e diseño da App do Camiño Inglés.