As delicias mexicanas chegan ao Concello de Avión


O Concello de Avión acolle este venres, 11 de agosto, a XVII edición da Festa Mexicana, un dos eventos festivos máis notables do municipio por ser, ademáis, unha festa homenaxe aos emigrantes en xeral e con especial protagonismo a México, principal país receptor da emigración procedente do municipio de Avión.

Na presentación deste evento, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, participaron o alcalde de Avión, Antonio Montero Fernández; a responsable de organización da festa, Isabel Gabián Lorenzo; e Marcelo Quintas, do restaurante Rincón Azteca do Carballiño, un dos cinco establecementos que colaboran activamente na XVII Festa Mexicana do Concello de Avión.


Entre as novidades desta ano, a Festa Mexicana de Avión ensalzará de xeito especial os postres aztecas, e ofrecerá tamén unha ampliación de horario dos establecementos de restauración, entre as 17:00 e a 01:30 horas, onde se poderán degustar produtos gastronómicos mexicanos, como por exemplo as augas de sabores.