A hostalaría de Sanxenxo tamén quere beneficiarse das World Triathlon Championship Finals


O Concello de Sanxenxo incórporase ao comité organizador da Final das Series Mundiais de Tríatlon que se van a celebrar en Pontevedra entre o 20 e o 24 de setembro. A colaboración de Sanxenxo ten unha dobre vertente. Por unha banda, o Concello vai contribuír economicamente para facilitar a organización do Congreso Mundial de Tríatlon no que estarán todos os países que forman parte da Federación Internacional (World Triatlhon) . E, doutra banda, o sector hostaleiro poñerá ao dispor as súas prazas e profesionalidade para facilitar as necesidades de aloxamento que require un evento deportivo destas dimensións.