A hostalaría de Pontevedra xa se pode inscribir na web promocional para gañar visibilidade na Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon


A hostalaría de Pontevedra xa ten a súa disposición a páxina web creada para dar visibilidade aos negocios na Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. Por agora trátase dun formulario sinxelo que recolle información dos locais (logo, nome, ubicación, carta, tipo de cociña, horarios, linguas, menús, etcétera).

Unha vez o Concello -promotor desta iniciativa- teña os datos dos establecementos estes serán volcados na páxina oficial da Gran Final das Series Mundiais, ao tempo que se crean e se distribúen folletos de publicidade co código QR da nomeada web para facilitar o acceso a todos os visitantes chegados de todo o mundo. Estes folletos estarán dispoñíbeis nos hoteis e albergues da cidade e nas instalacións deportivas.