Arra pechou esta fin de semana una das edicións de maior afluencia de visitantes da Feira Gastronómica de Produtos Galegos. Preto de 10.000 persoas pasáronse pola carpa situada na praia de Montalvo para degustar a variedade da carta na cita coas zamburiñas e o polbo como pratos estrela. O presidente da Asociación Cultural San Cayetano de Arra, Bruno Vidal, fai unha valoración moi positiva da festa na que se superaron as expectativas iniciais. “Calculando por capacidade dás mesas que había pola carpa pasaron esta fin de semana preto de 10.000 persoas achegadas desde distintos puntos de España, pero tamén viñeron moitos veciños”, asegura.