Casa de Outeiro, de Terrazas de Outeiro Escudo; Don Cosme, de EDV 2015; Ibio, de Don Bernardino S.L, os tres Medalla de Ouro na categoría de outras anadas; Cuesta de los Olivos, de Finca Míllara, como terceiro; Viña Vella, de SAT Virxen dos Remedios, segun do e Sollío, da adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez, primeiro en brancos; e na de tintos Acivro, de Adegas Salvadur;Peza do Rei, de Adega Cachín e Ciudáseis, da adega María Gloria Alvarín Losada, foron terceiro, segundo e primeiro,. respectivamente na XXVII edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra.
Do panel de cata formaron parte Luis Buitrón, Mercedes González, Jorge Luis Mazaira, Luis Miguel López, Bibiana Guerra, Luis Díaz, Julio Ponce, José Felícisimo, Rosa Domínguez e Aarón Álvarez.
.O presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destacou no acto de entrega de premios a importancia do acto por ser a presentación do novo pleno do Consello Regulador ante o sector; “Para nós, e para min como presidente, é un acto importante por presentarnos ante adegueiros e viticultores que conforman a D.O.
E para a propia Denominación que levamos 27 anos con esta celebración que recoñece o esforzo que fan por mellorar ano tras ano a calidade dos nosos viños, que están sendo recoñecidos a nivel internacional, pero tamén nos gusta recoñecernos entre nós mesmos e que sexa un impulso para a D.O. e as adegas que son galardoadas”.