Ternera Gallega recibe o recoñecemento de Alcampo `Cultivamos lo bueno´

 


A cadea de distribución distinguiu á IXP pola súa contribución ao proxecto `Cultivamos lo bueno´, que ensalza produtos tradicionais con valores engadidos en cuestións sociais ou ambientais, sempre baixo a máxima da calidade e da trazabilidade. Xunto a Ternera Gallega tamén se viron recoñecidos outros once alimentos dos máis de 250 que a cadea comercializa con este distintivo. 

Nun acto celebrado en Madrid este martes, o director xeral da compañía, Américo Ribeiro, entregou o recoñecemento ao director de Promoción do Consello Regulador, Luis Vázquez, que destacou a relevancia dos alimentos con IXP ou DOP pola súa contribución ao futuro social, económico e medioambiental das zonas rurais. No caso de Ternera Gallega, Vázquez puxo en valor o traballo das máis de 8400 ganderías e das 101 industrias inscritas para levar ao mercado unha carne de calidade e orixe garantidas.