Paso adiante no Plan de sustentabilidade turística “...Et edendo Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía”


O Consello da Xunta autorizou a subscrición do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Lugo para a execución do Plan de sustentabilidade turística “...Et edendo Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía”, por importe total de 2M€.

O Plan inclúe a recuperación, na ribeira do Miño, do edificio Fábrica da Luz para a creación do centro de enogastronomía; a homologación das 22 sendas peonís que percorren o municipio; é entre outras accións a creación dun club de produto que poña en valor a enogastronomía, defina rutas enogastronómicas (tapas, sustentable, produto de proximidade, produtos de temporada, ...) e comercialice actividades.