O Pazo de San Marcos, escenario dun túnel do viño da man de Luis Paadín

 

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deulle a benvida este luns ás persoas participantes no túnel do viño da Denominación de Orixe de Monterrei, un evento que se celebrou na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e que contou coa presenza de Luis Paadín, un referente no mundo da enoloxía en Galicia.

Rivera Capón subliñou que o apoio ao sector primario e, en concreto, á actividade vitivinícola é un dos compromisos prioritarios da Deputación. “O mundo do viño é fundamental para a economía, para o emprego, pero tamén para preservar a nosa identidade  cultural, ademais de crear sinerxías para potenciar a hostalería e o turismo, polo que estamos sempre abertos a acoller iniciativas coma esta que visibilizan e que poñen en valor a súa calidade e potencial”, asegurou o Deputado.