O Concello de Ferrol e Protección Civil activan información actualizada das praias

 

O Concello de Ferrol vén de por en marcha un servizo de información diaria sobre o estado das praias da cidade. A través desta canle o usuario terá acceso á información que actualiza directamente o servizo de socorrismo e, polo tanto, poderase consultar en tempo real a situación meteorolóxica nos nove areais nos que desenvolven a súa actividade.

Esta información compártese a través das redes sociais do Concello de Ferrol e de Protección Civil, ademáis de pola conta de whastapp do concello (número 608736834, para activar dito canal é preciso remitir unha mensaxe co nome e apelidos do usuario).

A información detallada praia a praia pódese consultar neste enlace ou a través do código QR, que se adxunta.