Despois da decisión de non optar á reelección ao fronte da Deputación de Ourense, corporación que se constitúe este luns 17 de xullo para o mandato 2023-2027, Manuel Baltar comunicou por carta á directiva da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais -EHTTA, nas súas siglas en inglés- a súa renuncia á presidencia.
A entidade europea recoñece o traballo desenvolvido por Manuel Baltar nestes anos, con froitos como a alianza coa Organización Mundial do Turismo na posta en valor global do termalismo ou a celebración en Ourense do Congreso Internacional de Turismo Termal -setembro do 2022-.