Autorizado o convenio con Terras de Compostela para executar o PSTD Nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado


O Consello da Xunta autorizou onte a subscrición do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Terras de Compostela para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado do destino Terras de Santiago, que conta cun orzamento de 1,3M €. Este Plan inclúe actuacións en liñas estratéxicas que procuran a mellora da xestión turística do destino a través do incremento da calidade dos produtos e servizos turísticos entre as cales destacan: mercados gastronómicos; restauración ambiental no camiño dos Arrieiros; ordenación do uso turístico de ribeiras e cauces; mobilidade sustentable na Ponte Ulla, na senda dos pescadores e viticultores do río Ulla e na senda agropecuaria de Ames. Engloba tamén actuacións como o reforzo das sendas agrarias de Brión; unha instalación fotovoltaica no mercado da Carballeira; a dixitalización do destino; un centro de experiencias gastronómicas; o reforzo da oferta na Carballeira; a tenda gastronómica Taberna do Bispo; un centro de visitantes do destino enogastronómico, así como a creación e promoción de produtos enogastronómicos e de produtos de turismo activo.