Aberta a mostra que recolle os traballos presentados ao concurso para a rehabilitación do mercado de Santa Lucía, na Coruña

Desde one e ata o vindeiro 18 de agosto, a sede da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), ubicada no número 64 da rúa Federico Tapia, acolle unha mostra sobre o concurso de proxectos para a rehabilitación do mercado de Santa Lucía.

O acto de apertura da exposición, promovida polo COAG coa colaboración do Concello, tivo lugar onte ás 19.00 horas, e foi acompañado pola conferencia 'Mañana sale el sol', impartida polo arquitecto Francisco Burgos, socio fundador de Burgos & Garrido Arquitectos e director do proxecto que presentou a proposta finalmente gañadora.

A través da mostra, que estará aberta no horario habitual de atención ao público na sede do COAG, poderase coñecer polo miúdo todas as propostas que se presentaron ao concurso, así como achegarse á estratexia de reconversión do antiguo mercado, situado no barrio da Falperra, nun edificio mixto de usos públicos.