A Ruta Quetzal levará a unhas 200 persoas á Coruña


A Coruña pon o punto final a unha nova edición da Ruta Quetzal. A expedición, que este 2023 ten como eixe central o "finis terrae" co lema 'Cara á luz do fin do mundo', congrega a unhas 200 persoas procedentes de distintos lugares de España que durante dúas semanas percorreron o norte de Portugal e a Costa da Morte galega para chegar ata a cidade herculina.

A expedición alcanzará hoxe a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo en funcionamento e Patrimonio Mundial desde o 2009. O símbolo da Coruña formará parte tamén da Ruta Quetzal, aparecendo nas camisetas das persoas participantes desta edición cunha imaxe da Torre romana, unha da medieval e outra da actual.