A horta é a terceira produción máis importante en Galicia


A horta é a terceira produción máis importante en Galicia segundo proclamou o conselleiro do Medio Rural no Pleno do Parlamento, en resposta a unha interpelación sobre a seca na que lembrou que a folla de ruta da Estratexia da horta galegacomo súmase ás xa desenvolvidas para outros sectores claves do rural, coma o lácteo, o vitivinícola, o cárnico ou o forestal (este último a través do Plan Forestal de Galicia).

O conselleiro explicou que con esta estratexia para a horta preténdese posicionar este eido e, dentro deste obxectivo xeral, tamén afondar na rama da investigación que xa está a permitir -salientou- dar con variedades resistentes ás consecuencias do cambio climático e doutras afeccións, como pragas e enfermidades.

En relación cos efectos da seca, José González puxo en valor o esforzo da Consellería en materia de investigación, cun ambicioso plan que recolle tanto as tres áreas fundamentais do rural -agropecuaria, forestal e vitícola- como as propostas realizadas polos propios especialistas de cada liña en cada centro dependente de Medio Rural.Nesta mesma liña, o conselleiro trasladou que se traballa nun decreto de persoal investigador para consolidar e mellorar as súas condicións perfilando aínda máis as liñas de actuación e a captación de talento.