A Coroa Produción Controlada e Cascanueces Mencía 2022 troinfn en Valdeorras


A Coroa Godello Produción Controlada, Joaquín Rebodello Godello 2022, Maruxa Godello 2022 son os mellores blancos, respectivamente primeiro, segiundo e terceiro, da da XXIV Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras.

No caso dos tntos o podio quedou conformado n máis alto por Cascanueces Mencía 2022, seguido de Sampayolo Mencía 2022 e con Joaquín Rebolledo Mencía 2022 no bronce. A mención especial para o mellor viño doutras añadas foi a parar ao Lagar do Cigur Crianza 2015

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, destacou que entre os membros do panel de cata que avaliou as referencias participaron este ano os xornalistas especializados que están a visitar a comarca con motivo da Feira do Viño. Rodríguez Castellanos sinalou que polo simple feito de participar e sacar adiante unha colleita todas as adegas deben xa considerarse “gañadoras” e reivindicou o acto de entrega dos premios como “unha festa dende o sector e para o sector”.