Vigo rexistra en maio unha ocupación hoteleira próxima ao 66%

 

A ocupación turística de Vigo acadou en maio cerca dun 66%. Con estas cifras sobre a mesa o alcalde, Abel Caballero, apunta que “Vigo segue sendo unha grande cidade turística” cunha ocupación media rexistrada este pasado mes de maio de preto do 66%, “practicamente igual ao dato do ano 2019”, que son os dous mellores anos da historia da cidade no que a cifras turísticas se refire.

Con respecto á ocupación hoteleira do ano 2022, Vigo sobe máis de 7 puntos e acada unha estancia media de 2,5 días. No tocante á distribución do turismo segundo o lugar de procedencia, o rexedor sinalou que o 51% procede de España, en concreto o 14% de Galicia, mentres o 35% dos turistas son internacionais. Entre os internacionais destacan Portugal cun 23% dos visitantes rexistrados; Francia, Alemaña, Italia e EEUU que superan o 8% e o Reino Unido suma o 5% das visitas estranxeiras.