Vigo recibe dous millóns de euros para o turismo e comercio de Bouzas




Abel Caballero deu conta da publicación no BOE dos plans de sostenibilidade turística aprobados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Bouzas terá unha inversión de dous millóns de euros por parte do Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

O alcalde sinalou que estes fondos están adicados á “reactivación de Bouzas como destino turístico, comercial e con novas renaturalizacións por todo o barrio, con novos espazos verdes na zona do paseo”. O proxecto mellorará zonas verdes, recollida porta a porta de residuos, nova iluminación, humanización da rúa do Pazo, promoción dixital de Bouzas e o casco histórico, difusión da festa da Brincadeira para ser Festa de Interese Turístico de Galicia.