Un total de 16 socorristas xa vixían as praias con máis afluencia de Sanxenxo


Un total de 16 socorristas xa vixían hoxe as praias con máis afluencia de Sanxenxo: Areas, Silgar, Canelas e Montalvo. Farano así esta fin de semana e a que vén como unha mellora da calidade do servizo e como unha aposta pola seguridade nos areais. Os efectivos de vixilancia estarán en horario ininterrompido de 12 a 20 horas. O goberno acordou adiantar este servizo como xa fixo en 2022 como tamén o fixo co balizamento, por primeira vez, a pasada Semana Santa.

A partir do 15 de xuño, os efectivos de salvamento estenderanse a un total de seis praias todos os días da semana. Así, a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo sumaranse Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada. Desde o 1 de xullo e ata o 15 de setembro, o servizo ampliarase ao resto de areais cunha franxa horaria maior en Silgar. En total serán 80 persoas as que conformen o servizo de vixilancia.